Este proxecto é a consecuencia dunha estratexia común asumida polas dúas rexións no ámbito do mar. Conflúen neste proxecto, socios de carácter operacional e outros de carácter tecnolóxico e científico. En todos os casos, existen xa proxectos no ámbito da oceanografía operacional nos que participaron de xeito conxunto algúns dos socios, polo que existe xa un punto de partida na colaboración e no coñecemento no ámbito mariño. Os resultados destos proxectos para a rexión noroeste ibérica (algúns dos cales menciónanse máis adelante) estarán dispoñibles para os desenvolvementos expostos aquí.
As instituciós participantes do proxecto son responsables na actualidade de diversas redes de medidas océano-meteorolóxicas básicas con acceso en tempo real ao longo da área de cooperación; tal é o caso da rede de augas profundas de Puertos del Estado y el IH, a rede costeira de boias de Intecmar/MeteoGalicia e a rede de mareógrafos de Puertos del Estado y el IH. Estas actividades xunto a diversas medidas rutineiras que levan a cabo outros dos socios (IEO, Intecmar, IIM), supoñen un excelente punto de partida para a constitución dun observatorio marítimo que permita a consolidación da oceanografía operacional na marxe ibérica. No ámbito dos modelos operacionais cabe citar os esforzos feitos por algúns dos socios (IH, IEO o MeteoGalicia) para a posta en marcha deste tipo de ferramentas de previsión. O observatorio proposto reforzará o coñecemento en tiempo real do estado do mar entre o Douro e Cabo Silleiro, mellorando sen dúbida a capacidade predictiva dos modelos oceanográficos. El Observatorio Océanico convertirase no nodo focal da marxe ibérica que fornecerá datos de observacións e modelos a terceiros usuarios (Puertos, IBI-ROOS, GMES, SASEMAR, etc). O mantemento sostido deste Observatorio no futuro permitirá ir obtendo una serie de datos que permitan abundar no coñecemento do medio mariño e por tanto, permitan analizar os efectos do cambio climático nas nosas costas ou facer predicións de riscos naturais.
Por outra banda, a presenza de socios cun marcado carácter tecnolóxico e de investigación permitirá innovar no desenvolvemento de tecnoloxía de observación mariña e na mellora das predicións dos modelos hidrodinámicos.
|
|
|
|
Fac. Ciencias, Univ. Porto
|
|