Obxectivos
- Consolidar unha extensa rede de observación océano-meteorolóxica na plataforma costeira na área transfronteiriza do Norte de Portugal e Galicia. Para iso contémplase instalar novas boias oceanográficas á altura das desembocaduras dos ríos Duero e Miño, e instalar dúas máis no extremo da plataforma á altura de Porto e outra enfrente de Cabo Silleiro. Estas plataformas complementarán a rede de observación automática actual de Intecmar/MeteoGalicia (Cíes, Ons e Rande), Puertos del Estado (rede de boias de augas profundas e mareógrafos) e Instituto Hidrográfico (rede de boias e mareógrafos). Co sistema observacional mediranse en tempo real datos meteorolóxicos, oceanográficos y biolóxicos, e complementarase con campañas de toma de datos durante os meses de duración do proxecto (campañas en barco do IEO, IIM e Intecmar; rede de calidade de augas da Consellería de Medio Ambiente, etc).
- Desenvolvemento de novas tecnoloxías que permitan mellorar as existentes no ámbito da monitorización oceanográfica e permitan ao consorcio construir unha base tecnolóxica rexional propia con capacidade de expansión internacional. Elaboración de protocolos comúns de validación de datos, comunicacións, monitorización de variables biogeoquímicas e calibración de sensores oceanográficos.
- Creación dunha plataforma de datos común (observacións y previsións) da marxe atlántica na zona transfronteiriza Norte de Portugal - Galicia incluíndo todos os datos en tempo real da rede mencionada antes e outros datos dispoñibles na área de estudo (oceanográficos, imaxes de satélites, datos de radar HF, aforamentos de ríos, estacións meteorolóxicas costeiras, etc). Visualización dos históricos a través dunha plataforma de interoperabilidad mediante o uso de standards internacionais: OpenDAP, WMS, etc.
- Implementación operacional dos modelos hidrodinámicos e de ondada de plataforma e costeiros na zona transfronteiriza. Mellorar a calidade das previsións mediante (i) asimilación de datos nos modelos hidrodinámicos da plataforma, (ii) validación dos modelos contra as redes de medida actuais e as novas plataformas instaladas. Creación dun servizo de datos de modelos na páxina web mediante protocolos OpenDAP, WMS, etc.
- Implementación operacional de servizos e productos específicos para usuarios finais; modelos de correntes e axitación nos Portos de Vigo, Leixoes e Viana do Castelo, modelos de derivas de larvas, modelos de propagación de verteduras, previsión do estado do mar para mariscadores do percebe, etc. Os datos resultantes do proxecto constituirán unha peza fundamental para a comprensión da dinámica costeira desta rexión con impactos na actividade pesqueira, uso da enerxía das ondas, etc.
- Implementación pre-operacional de predicións de calidade de augas na plataforma e as zonas costeiras. Validación dos modelos cos datos de campañas previas recollidas na base de datos do proxecto, así como cos datos obtidos pola nova rede de observación prevista neste proxecto.
- Implementación dunha plataforma de observación e modelización da zona oceánica noroeste ibérica que sexa sustentable ao rematar o proxecto. Este observatorio será a base para o establecemento dun organismo que garanta o mantemento da infraestructura e a difusión da información, así como rendibilice os productos e servizos desenvolvidos durante o proyecto.